Esta plataforma é un proxecto enmarcado dentro do Plan Reactiva Pereiro, onde todos os productores, autónomos, profesionais, comerciantes, hosteleiros etc … do noso Concello atopen un punto de común, amparados pola marca Pereiro, e respaldados pola institución municipal para que sirva como escaparate de venta dos productos e servicios que ofrezan. Esta plataforma está promovida e creada polo Concello do Pereiro, tendo cada un dos usuarios o libre uso dos seus anuncios, promocións e ventas, a salvo das mínimas condicións de uso da plataforma.

Para facer de Merca Pereiro unha plataforma da que nos aproveitemos todos os empresarios do Concello será moi útil que vos involucredes cos vosos negocios. Damos a oportunidade de crear a ficha do teu local de maneira totalmente gratuíta, ademáis poderedes xestionala vos mesmos, insertando o contido, ligazóns, productos e ofertas que precises para amosar o teu negocio na plataforma.

A finalidade deste proxecto é promover o consumo local e así apoiarnos entre os veciños.

Como poderás observar hay moitas fichas das que xa se encargou o Concello de dar de alta, se este é o teu caso podes:

  • Reclamar a posesión da ficha para poder xestionala por tí mesmo e mantela actualizada ou solicitar os cambios dirixíndote ao email merca@pereiro.gal ou no formulario de Contacto.

Se non atopas o teu negocio ou empresa e queres engadir a túa ficha podes darte de alta na plataforma:

  • Creando o teu perfil nesta mesma web: podes atopar o acceso á plataforma na parte superior dereita, xusto ao lado do menú de navegación ou ao fondo desta mesma páxina.
  • Tamén hay a opción de que nos enviedes a información do voso negocio, e será o Concello quen se encargue de dar de alta a ficha cos datos que nos aportes, esto podes facelo a través deste formulario.
  • Ou a través dos formularios en papel que se porán a disposición de quen os solicite nas oficinas do Concello e en diferentes establecementos do noso Concello, iremos anunciando por redes sociais os establecementos asociados á campaña.

Agardamos que vos guste a plataforma e que vos sexa de gran utilidade. O Concello vai a por todo da súa parte para promover a plataforma e dala a coñecer en todos os ámbitos necesarios, agradecemos de antemán a vosa colaboración para facer deste proxecto unha ferramenta útil e actualizada.

1. So tes que darte de alta na plataforma:

O Concello encargarase de promover a plataforma e de invertir todos os esforzos posibles para que a xente do Pereiro consiga chegar á túa empresa.

E para concienciar e conseguir que os veciños merquemos en Pereiro, atopando nesta web unha ferramenta útil para apoiarnos uns aos outros.

Unha vez a persoa se interese no teu produto ou servizo e contacte contigo, o resto do traballo queda nas túas mans.